1. Información Xeral
Este sitio web é propiedade da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, con domicilio en San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.
O seu obxectivo é proporcionar información sobre o Congreso de Innovación na Formación Profesional (FPINNOVA26), así como facilitar o coñecemento dos proxectos, obradoiros e actividades vinculadas.
2. Propiedade Intelectual e Uso do Contido
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos distintos elementos nel contidos son titularidade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (salvo disposición explícita en contrario).
O usuario poderá visualizar, imprimir e copiar os contidos deste sitio web só e exclusivamente para o seu uso persoal e privado, quedando, por tanto, terminantemente prohibida a súa utilización con fins comerciais.
Web deseñada e desenvolvida por Juan Antonio Gestal Romaní, Asesor de Xestión de Recursos e Novas Tecnoloxías FP no Servizo de Orientación e Innovación Profesional, para o congreso FP Innova.