Saltar ao contido
Logos institucionales de la Xunta de Galicia y colaboradores
Icono principal del congreso FPINNOVA26

FPINNOVA26

22 → 24 ABRIL 2026

Grazas por participar

Congreso de Innovación · Galicia 2026

Revive FP Innova 2026

O referente galego da innovación en Formación Profesional reuniu na Cidade da Cultura a toda a comunidade educativa. Tres días nos que as aulas galegas demostraron o que xa estaban a construír.

3 días de congreso
+50 proxectos
+100 centros participantes
+380 fotos

Innovación didáctica e tecnolóxica · Transferencia de coñecemento · Capacidade emprendedora

Moitas Grazas

Grazas por facelo posible

Pechamos a VIII edición de FP Innova.

Hoxe despedimos FP Innova 2026… Tres días intensos nos que proxectamos todo o talento e o potencial innovador da FP galega.

Queremos expresar o noso agradecemento ao alumnado e ao profesorado que, co seu esforzo e creatividade, fixeron posible esta oitava edición na Cidade da Cultura. Grazas tamén a cada persoa que se achegou á exposición para presenciar en directo a forza transformadora dunha formación profesional plenamente conectada co futuro.

O éxito de FP Innova 2026 é grazas a vós! ✨

Un recoñecemento moi especial ás empresas colaboradoras e ás persoas relatoras que nos acompañaron; a vosa implicación é o motor que conecta o coñecemento co sector produtivo.

Grazas a todos e a todas por demostrar que o futuro de Galicia se constrúe con talento, ilusión e colaboración! 🌟

Xornada Formativa

Revive as charlas, mesas e eventos dos tres días do congreso.

Innovación

A tecnoloxía do futuro, creada nas nosas aulas.

Emprendemento

Proxectos de alumnos que crearon as súas propias empresas.

Obradoiros

Actividades prácticas que viviron os asistentes.

Cidade da Cultura de Galicia

Onde estivemos

Cidade da Cultura · Santiago de Compostela

Cidade da Cultura de Galicia

Monte Gaiás s/n · 15707 Santiago de Compostela

Autobús Urbano Línea 9 · Dende o centro (Casas Novas)
Aparcamento gratuíto Amplo aparcamento accesible · 08:00–23:00 h
En coche Acceso directo dende a autoestrada AP-9